Xuventude organiza unha viaxe a Madrid
O Congreso, a Praza Maior, a Porta de Alcalá, Gran Vía... Madrid sempre ten algo que ofrecer.
O Departamento de Xuventude organiza para os próximos 13,14 e 15 de abril unha viaxe á capital de España para visitar os lugares máis emblemáticos da "villa" e o Parque Warner.
Trátase dunha actividade para a mocidade de 12 a 25 anos. Costa 180 euros, todo incluido e o prazo para apuntarse, como preinscrición, finaliza o próximo 18 de marzo.
