Arteixo dispón de trece prazas para a campaña de esquí 2020 da Deputación provincial
A Deputación de A Coruña organiza a Campaña de Esquí 2020, que terá lugar na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, para nenos e nenas de toda a provincia, de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Os participantes gozarán de catro días na estación invernal, ademais dos cursos de esquí.
Ao Concello de Arteixo concedéronlle 13 prazas para rapaces empadroados en Arteixo, correspondéndolle a terceira quenda, do 7 ao 10 de febreiro de 2020. O transporte desde a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta. Terán preferencia as persoas que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.
Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.
Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
- PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 4 de decembro antes das 14.00 h
- No Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h
- Na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
- SORTEO PÚBLICO. No suposto que existan máis solicitudes que prazas ofertadas (13) realizarase un sorteo público ante a Secretaria Municipal que terá lugar o xoves 5 de decembro ás 11.00 h no salón de plenos municipal.
- MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 16 de decembro. No caso que o Concello detecta que falta algunha documentación, non será admitida:
- Ficha de inscrición (pendente de publicar) debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.
- Unha foto tipo carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
- Pago da cota de inscrición (85 €) no número de conta facilitado pola Deputación e publicado na súa páxina web. Deberán entregar dito xustificante no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 16 de decembro
- Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera.