As novas restriccións impostas pola Xunta modifican o protocolo das actividades e instalacións deportivas
O servizo Municipal de Deportes activa un novo protocolo de uso das instalacións e actividades deportivas municipais diante da situación sanitaria actual que establece o nivel máximo de alerta para o Concello de Arteixo:
- No relativo ao establecemento de un máximo de 4 persoas para grupos de persoas, NON será de aplicación no caso da práctica do deporte federado, polo que os grupos de adestramento de actividade deportiva federada poden seguir desenvolvendo a súa actividades engrupos de máximo 10 persoas incluído o persoal técnico.
- Non se permite a asistencia de público durante os adestramentos e competicións nas instalacións deportivas municipais.
- Non se permitirá a celebración de encontros ou eventos de carácter amigable ou non oficial. Só se permitirá a celebración de encontros incluídos no calendario oficial da correspondente federación
- Non se permite o uso de vestiarios en ningún caso
- Determínase que o horario de uso das instalacións será con carácter xeral de luns a domingo, de 09:00 h. a 21:45 h.
A atención ao público no Servizo Municipal de Deportes seguirá sendo con carácter preferente baixo cita previa, póñense a disoposición do cidadán e entidades deportivas os seguintes medios:
- Teléfonos: 981659172 e 981659171
- Correo electrónico:deportes@arteixo.org
- Cita previa na web municipal