Máis de medio millón de euros en axudas do plan PEL Reactiva
A Xunta de Goberno Local en sesión Extraordinaria e Urxente ven de acordar a concesión de axudas, por importe de 554.610,82 €, correspondentes ao Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia de A Coruña (PEL-REACTIVA).
A partir deste acordo ábrese un prazo de 10 días hábiles para que presentaren, de ser o caso, a desistencia da solicitude ou as alegacións que considere oportunas.
Pódese consultar a relación de beneficiarios no documento adxunto