Arteixo alágase de poesía
O mes da poesía culmina en Arteixo o próximo venres 23 de marzo.
O auditorio do centro cívico de Arteixo acolle un recital poético que organiza e presenta Alfredo Ferreiro e no que participarán ademáis autores como Estíbaliz Espinosa, Pablo Bouza Suárez, Rosalía Rodríguez Pombo, Tiago Alves Costa ou Sergio Ferreiro Salgueiro.
O acto consistirá na lectura de textos poéticos propios, xunto a unha representación de novos poetas do IES Manuel Murguía. A música tamén será protagonista coa actuación de Mario Dans (guitarra), Mateo Castro (trompeta) e Natalia Ramos, todos eles alumnos do mesmo instituto.