Ir o contido principal

A música e o terror mistúranse no auditorio de Arteixo

"A Casa do Terror" é a proposta coa que Xoán Curiel e a Banda do Verán chegan esta tarde ao Auditorio do Centro Cívico de Arteixo. 

O espectáculo presenta unha aventura na que un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. O terror trátase desde unha perspectiva lúdica e a través de personaxes tan variopintas como as pulgas zombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, ou a pantasma con asma, entre outros. 

Será ás 19:00 h no Auditorio de Arteixo para público infantil de máis de 3 anos. O prezo das entradas é de 3 € e 2,25 € e a súa venda realizarase o propio da función en horario de 11:30-13:30 h e de 17:00 a 19:00 h na billeteira do CCC de Arteixo.

Meicende tamén ten hoxe oferta teatral que chega da man do grupo de teatro afeccionado "Portas abertas" que vai a poñer en escena a obra "Ligerito Caminando". Será ás 20.00 h

Trátase dunha comedia para maiores de 12 anos que conta as peripecias de varios peregrinos do Camiño de Santiago que coinciden nun albergue onde pernoitar. O estraño albergue, dirixido por unha monxa, é demasiado raro e ocorren vivencias pouco habituais.

A distribución de convites será 1 h antes da función na conserxería do CSC de Meicende.

teatro
Grupo Portas Abertas