Ir o contido principal

Reconquista e Independencia cambian de sentido

O Concello comeza os traballos para modificar o sentido do tráfico nas rúas Reconquista e Independencia que serven para conectar a AC-552, á altura de Pescanova, coa Travesía de Arteixo. 

A modificación, que o executivo local consensuou cos veciños en marzo pasado, suporá que, unha vez finalizadas as obras, a rúa Reconquista pase a ser de subida e a rúa Independencia, de baixada. 

Os traballos serven tamén para acometer melloras nas aceras e nos semáforos da zona co obxectivo de mellorar o tránsito dos peóns. 

As obras, nas que se invisten preto de 50.000 euros,  teñen previsto estar finalizadas a semana próxima para, deste xeito, non afectar ó inicio do curso escolar. Darase prioridade ós tramos de carretera afecatados para posteriormente rematar a obra civil nas beirarrúas coa instalación de bancos e barandillas. 

obras
Obras na Rúa Reconquista