Ir o contido principal

Resultado do sorteo de plazas para a Campaña de Esquí 2019 da Deputación da Coruña

Publícase o resultado do sorteo de plazas para a Campaña de Esquí 2019 da Deputación da Coruña.

As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 13.00 h do mércores 16 de xaneiro. No caso que o Concello detecte que falta algunha documentación, non será admitida: 

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.
  2. Unha foto tipo carné.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
  5. Pago da cota de inscrición (85 €) no número de conta facilitado pola Deputación e publicado na súa páxina web.
  6. No caso de que a persoa participante tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo. De igual xeito no caso de medicaciópn específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

Datos da conta bancaria para facer o ingreso de 85 euros/praza correspondente á viaxe a Cabeza de Manzaneda.


Entidade adxudicataria: AVORIS RETAIL DIVISIÓN, S.L.(B THE TRAVEL BRAND)

Banco BBVA

Nº de conta: ES 43 0182 4899 1102 01530216

SWIFT: BBVAESMMXXX


É imprescindible facer constar no concepto do ingreso os seguintes datos:

  • Campaña de Inverno 2019

  • Nome e apelidos do neno/a participante

  • Concello.

 

Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera.

Documentos: