Ir o contido principal

Unha "Galiña azul" abre unha temporada invernal de maxia e teatro para todos os públicos

O texto de Carlos Casares, "A Galiña Azul" é todo un clásico da literatura infantil en galego. O Auditorio do Centro Cívico de Arteixo acolle este venres 11 de xaneiro unha adaptación deste canto á diversidade a cargo da compañía de monicreques Tanxarina. 

A partir das 19.000 h podemos disfrutar un divertido e convincente relato contra a inxustiza e unha clara defensa da diversidade. 

Obra ideal para vivir cos máis pequenos e cos prezos habituais de 3 e 2,25 €. 

A Galiña Azul é só unha das once citas que temos, ata o final de febreiro próximo, coa cultura e os espectáculos máis laureados de Galicia e que chegarán cada semana aos auditorios de Arteixo e Meicende. Haberá títeres, maxia, música, teatro para adultos, para todos os públicos e ata un espectáculo de pompas de xabrón como o que disfrutaron a pasada semana máis de 250 personas en Arteixo batendo un récord de espectadores nunha cita similar.