Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade de autónomos.
Orde do 27.04.2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicada no DOG nº92, do 15.05.2018.
Obxecto:
- Regular as axudas a autónomos que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, que contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.
Beneficiarios:
- Autónomos que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e contrate unha persoa por conta allea entre o 01.11.2017 e o 30.09.2018.
Importe:
- O 100% da cota empresarial da Seguridade Social, incluídos AT e EP, correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.
Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):
- Para contratacións realizadas entre o 01.11.2017 e o 15.05.2018, ata o 15.07.2018.
- Para contratacións realizadas entre o 16.05.2018 e o 30.09.2018, o prazo será dun mes desde a contratación.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572