Ir o contido principal

Aberto o prazo para solicitar a prestación de pago único para menores de 3 años

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia, a Orde pola cal se establecen as condicións e o prazo de presentación de solicitudes para o pago da prestación económica de pago único por fillas e fillos menores de tres anos.

O prazo para a presentación das solicitudes é do 4 de abril ao 29 de maio, ambos incluídos.

CONTÍA:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros

BENEFICIARIAS:

  • Persoas con fillas ou fillos nacidos entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017

REQUISITOS:

  • A prestación está destinada a persoas residentes en Galicia
  • Esixirase que os menores figuren empadroados coa persoa solicitante
  • Non ter feita a Declaración da Renda no exercicio 2015

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social. Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
  • No CONCELLO DE ARTEIXO, ou calquera outro dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

MÁIS INFORMACIÓN:
Centro de Servizos Sociais
Centro de Información ás Mulleres (CIM)