Ir o contido principal

As actividades sociais descansan no Nadal

As actividades sociais do Concello de Arteixo paran a súa actividade durante os días de Nadal. 

Entre o venres 22 de decembro e o 7 de xaneiro próximo todos os cursos se tomarán un descanso. As actividades retomarán a súa rutina habitual o luns 8 de xaneiro. 

Durante o período 2016/2017 máis de mil veciños participaron nas actividades de promoción e dinamización social.

Foron 14 modalidades distintas, dende hip-hop ata Restauración, Arte Floral ou Manualidades, que conformaron nas distintas parroquias a un total de 63 grupos que acolleron a 1100 participantes.