Ir o contido principal

Arteixo acolle a VI Gala Provincial do Fútbol Base

O Auditorio do Centro Cívico de Arteixo acolle o próximo xoves, 14 de decembro, a VI Gala Provincial do Fútbol Base coa que se pretende recoñecer o labor dos distintos estamentos ligados a este deporte na provincia de  A Coruña ó longo deste ano 2017. 

A Cerimonia, organizada polo Concello de Arteixo, comezará ás 20.30 h e premiará, entre outros ó xogador do Atlético Arteixo Geir Malaj co galardón á "loita e a constancia" ou ós xogadores do Deportivo Pedro Mosquera pola súa "acción solidaria" e Manuel Pablo pola súa traxectoria e recoñecerá méritos como a promoción do fútbol base ou a integración social mediante el fútbol.

Neste acto, que durará unha hora aproximadamente, tamén colaboran a Xunta de Galicia, La Voz de Galicia, Altia, Coca Cola, Balneario de Mondariz, Federación Galega de Fútbol e Comité Galego de Adestradores.

gala deporte