Ir o contido principal

Arteixo recibe unha subvención da Xunta de Galicia para a fomentar a inclusión

O Concello de Arteixo, a través do seu Departamento de Servizos Sociais, executa diversos talleres de inclusión social, financiados a través da “Orde do 18 de xullo de 2017 (DOG núm.140 de 24 de 24 de xullo) que regula as subvencións destinadas a corporacións locais  para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión nos anos 2017 e 2018.

Os programas están confinanciados parcialmente polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo do Fondo Social Europeo- Galicia 2014-2020. "O FSE inviste no teu futuro", no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

A subvención foi tramitada diante da Dirección Xeral de Inclusión Social, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

As accións que se desenvolven son as que seguen:

  • Alfabetización
  • Competencias Clave
  • Ferramentas dixitais en Procesos de Inserción Laboral
  • Hailidades sociais en Procesos de Inserción Laboral
  • Inmersión Lingüística
  • Alfabetización de Inmigrantes

Máis información: Departamento de Servizos Sociais - Área de Benestar Comunitario

Faldon inclusion