Bases reguladoras para a concesión de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19
Resolución do 12 de marzo de 2021, de Secretaría Xeral da Emigración pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes e se convocan para o ano 2021, publicada no DOG nº59, do 29 de marzo do 2021.
Obxecto:
Estas axudas inclúen dúas liñas:
- Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: para fomentar o establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
- Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego das persoas autónomas ou por conta propia.
Beneficiarios:
Persoas galegas, cónxuxes ou similares, e os descendentes, nacidas en Galicia que ao retornar a Galicia emprendan unha actividade que implique alta no Réxime Especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 30 de marzo ao 30 de setembro de 2021.