Campamentos de Semana Santa
Ofértanse as seguintes alternativas para a rapazada de infantil e primaria:
- VII CAMPAMENTO: Coa temática “A ROBÓTICA” as persoas participantes coñecerán nocións básicas da informática e da robótica ao mesmo tempo que se fomenta o interese pola ciencia.
Realizarase de 10 a 14 horas os días 15, 16,17 e 22 de abril na Aula da Natureza
Nº de prazas: 30
Custo: 16 €
- VII LABORATORIO MUSICAL: Coa temática “HISTORIAS SONORAS” as persoas participantes coñecerán como xurde unha banda sonora e como se lle pón música ás historias.
O horairo desta actividade é de 10 a 13 horas os días 15, 16, 17 e 22 de abril nas dependencias da Escola de Música (Centro Cívico Cultural de Arteixo).
Nº de prazas: 30 participantes.
Custo: 16 €
Datos de interese:
- Datas de inscrición: do 25 de marzo ao 5 de abril na Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa (Avda. dos Bosques nº 16 – baixo) Teléfono de contacto: 981647294 – Correo electrónico: educacion@arteixo.org.
- Admitiranse solicitudes por correo electrónico sempre que se envíen con todos os datos cubertos.
- No caso do VII CAMPAMENTO, se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas, poderase abrir un segundo grupo en Agarimo, sempre e cando haxa un mínimo de 12 participantes
- O Concello resérvase o dereito de reorganizar o lugar de execución dos campamentos dependendo da demanda.