Carlos Calvelo: "Ferroatlántica actúa por vinganza"
O alcalde de Arteixo Carlos Calvelo ve unha "vendetta contra a Xunta de Galicia" na decisión de Ferroatlántica, anunciada esta semana, de trasladar Ferrosolar, con proxecto xa en Arteixo, á localidade manchega de Puertollano.
O primeiro edil, acompañado de representantes solicita unha explicación sobre os motivos aínda que, explica, "non os dan porque non existen".
O Concello solicitará a creación dunha mesa, xunto con traballadores, sindicatos, empresa e Xunta de Galicia, para tratar de paralizar este traslado. O representante sindical indica que a Xunta "ten que se atar os machos" para parar este proceso.