Ir o contido principal

Chrystyan Magic poñerá o broche final ás actividades anuais da biblioteca central

A Biblioteca Henrique Rabuñal apura a recta final de 2017 con unha serie de actividades para os pequenos lectores. 

O martes 21 de Novembro, Fran Naveira desembarca na sala de lectura cun "Obradorio de xogos divertidos". Será a partir das 18.15 h e é necesaria unha inscrición previa que pódese formalizar na propia biblioteca. 

Tótem toma o testigo o mércores 22 de novembro coas "contadas" para os nenos de 1 a 3 anos; e Caxoto rematará a semana o xoves 23 cos seus "Contos vellos con novos finais". En ambos casos a cita é ás 18.50 h. 

A Biblioteca anuncia ademáis que o broche final ás súas actividades neste 2017 o protagonizará o espectáculo Enigma de Chrystian Magic, un show de magia para maiores e pequenos cun ritmo trepiddante e no que a conexión entre mago e público é o máis importante.