Ir o contido principal

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 2 (adquisición de libros e material didáctico)

A Concellaría  de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 2 (adquisición de libros e material didáctico) curso 2019/2020 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 19 de decembro de 2019.

As persoas destinatarias destas axudas son os alumnos e alumnas do segundo ciclo de ensino infantil que cursen estudos en centros sostidos con fondos públicos.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do anuncio da publicación no Boletín Oficial da Provincia perante o mesmo órgano que o ditou. Para a resolución do recurso tense o prazo dun mes contado desde o día seguinte á interposición. Se transcorrido ese prazo non se ten notificada a resolución, entenderase desestimado o recurso por silencio administrativo.