Ir o contido principal

A directora de "Arenas de Silencio" falará en Arteixo de violencia de xénero

A xornalista Chelo Álvarez-Sthele fai un retrato da realidade da escravitude sexual e a violencia de xénero en Asia e América. O documental "Arenas de silencio: Olas de valor" supón o resultado de quince anos de loita contra o tráfico humano personificado na figura de Virginia Isaías, unha muller mexicana que logra escapar dunha rede de trata e prostitución co seu bebé de seis meses e deix atrás toda unha vida de explotación sexual ó cruzar a fronteira cara ós EE.UU. Dez anos Virginia reconstrúe a súa vida e acaba por se converter unha gran líder contra a explotación sexual na comunidade latina do sur de California. 

Chelo Álvarez estará en Arteixo o 14 de novembro para participar na proxección e posterior coloquio que se organiza entorno ó seu documental. Será ás 18 h no Auditorio do Centro Cívico e Cultural. Na charla tamén participarán a doutora en socioloxía, Belén Sanjurjo e o sarxento da Garda Civil e xefe do EMUME, Jorge González. A entrada é libre ata completar aforo.

Os actos do Día Internacional contra o machismo inclúen ademáis unha nova edición do Curso de Autodefensa para Mulleres. Será o sábado 18 no Pazo dos Deportes . Para poder participar é preciso inscribirse no CIM ata o día 15 de novembro.

Tamén se convoca, como parte das actividades, unha nova xuntanza da Mesa Municipal de Violencia de Xénero que se dirixe a profesionais  dos diferentes sectores do concello implicados na prevención e atención da violencia machista.

Os nenos tamén forman parte desta programación. O venres 24 de novembro preséntase en Arteixo o libro “Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo” de Pepe Carreira. Ao acto, ademais dos Bolechas, asistirá o seu creador que asinará exemplares do libro para as nenas e nenos asistentes.

Os actos rematarán coa VI edición da Andaina Contra a Violencia de Xénero, organizada polo Consorcio As Mariñas, que fará un percorrido pola Ría do Burgo. O concello pon a disposición da veciñanza un autobús de balde. É imprescindible inscribirse no CIM antes do xoves 23.

CIM