Ir o contido principal

As festas modifican o bus das praias durante unha semana

A liña de bus municipal que recorre as praias de Arteixo fará un cambio temporal na parada que inicia a liña en Arteixo.

Dende o próximo sábado 20 de xullo ata o seguinte domingo 28 de xullo, o bus iniciará a súa ruta diante da oficina de turismo na avenida de Finisterre en lugar de enfrente da piscina municipal na zona escolar, onde para normalmente.

O luns 29 de xullo a parada da liña do bus das praias retornará o seu lugar habitual, enfrente da piscina municipal. O cambio está motivado polo corte de tráfico que se realizará na avenida de Arsenio Iglesias, onde está a parada do bus normalmente, debido as festas patronais do concello.