Ir o contido principal

"Marzo en verso" recibe a primavera

A Concellería de cultura bautiza o seu programa cultural como "Marzo en Verso". Faino porque o 23 de marzo, o auditorio do centro cívico de Arteixo acollerá un recital poético que organiza e presenta Alfredo Ferreiro e no que participarán ademáis autores como Estíbaliz Espinosa, Pablo Bouza Suárez, Rosalía Rodríguez Pombo, Tiago Alves Costa ou Sergio Ferreiro Salgueiro. O acto consistirá na lectura de  textos poéticos propios, xunto a unha representación de novos poetas do IES Manuel Murguía. A música tamén será protagonista coa actuación de Mario Dans (guitarra), Mateo Castro (trompeta) e Natalia Ramos, todos eles alumnos do mesmo instituto. 

A programación cultural de marzo non vive só de poesía. Así, o o día 2 de marzo no CSC de Meicende proxéctase a película de Disney Vaiana

O mesmo día, Teatro do Atlántico, no CCC de Arteixo,  preséntase "De Abrentes e Ocasos", obra teatral na que se utiliza a poesía como medio para falar de cuestións que esixen ser abordadas dende o horizonte de Galicia e da lingua galega.

O 9 de marzo, Roi Casal trae a música de  Son galego, son cubano, un espectáculo musical entre Galicia e Cuba. 

O día 16, no auditorio do CSC de Meicende, terá lugar a actuación de CT Elsinor con Os Postulantes. Historia dirixida por Manuel Lourenzo, na que a cidade está aberta e non hai segredos para ninguén, todo o que se ocultaba, salta co estalar da luz e todos postulan.

O mesmo día, no auditorio do CCC de Arteixo, Contraproducións presenta, para o público adulto, Fillos do Sol, obra na que Pondal, o bardo bergantiñán, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas.

Fóra das actuacións, marzo reserva espazo, dende o 19 de marzo ao 4 de abril, para unha exposición defotografías e poemas que describen as vivencias nos veráns en Carral na nenez e mocidade dos autores Carlos Lourenzo e Olga Patiño, baixo o nome de Territorio Acoutado.