A mocidade recupera esta fin de semana o seu festival urbano
Máis de 2000 mozos e mozas se darán cita este sábado no Festival Urbano de Arteixo, unha actividade que exalta o que os americanos deron en chamar "cultura urbana" e que se nutre de música rap e os seus derivados, deportes como o skate e o parkour ou as moi de moda "batallas de gallos" nas que prima o estilo libre e na que se mide, a ritmo de rap, o inxenio, ou non, dos contricantes.
A organización limitará o aforo a 2400 personas.
A previsión da concellería de xuventude e participación é que as actividades, todas no novo e cuberto campo da festa, comecen ás 12.30 h e se prolonguen ata a madrugada.
O cartel contempla exhibicións e clases de skate, graffitti, BMX, as mencionadas batallas; ou o "slackline", unha disciplina deportiva na que os participantes camiñan ou fan acrobacias sobre unha cinta plana e tensa colocada entre dous puntos.
A música tamén é protagonista coa actuación dos "trapeiros" Kidd Keo e Kaydy Cain. Tamén estarán Yung Sarria, D.L. Blando, DJ Larock, Soul Macklein e Laese.
O recinto contará con "food trucks" nos que poder repoñer forzas e se habilitarán zonas de talleres de cada unha das disciplinas que se exhiben.
Os mozos poderán acceder de forma gratuita ó recinto aínda que os menores necesitarán autorización dos seus proxenitores ou titores. En todo o recinto estará prohibido o consumo de bebidas alcohólicas e fumar para os menores de idade.
