Ir o contido principal

As mulleres que acodiron ao Punto Violeta das Festas das Flores pediron máis cursos de defensa persoal

O Punto Violeta que o Concello de Arteixo dispuxo durante a celebración da festa das flores, o pasado 24,25 e 26 de maio, serviu, ademáis de para informar, para recoller as opinións, inquedanzas e solicitudes das mulleres do municipio. Cubríronse 200 enquisas e, entre outras cousas, 115 das participantes, amosaron interés por levar a cabo actividades de autodefensa. 

O CIM, que xa ofertou este tipo de activide en máis ocasións, oferta un novo curso de autoprotección e defensa persoal feminina adicado a todas as mulleres maiores de 14 anos. 

Será o próximo 8 de xuño, en horario de 16 a 20 h, no Centro de A Baiuca. 

As inscricións, ata o 5 de xuño próximo. 

curso

 

Documentos: