Ir o contido principal

Nova tempada da liga de Fútbol Sala

sala

Renovación de prazas  (Só para os equipos que participaron na liga de fútbol sala na tempada 2018/2019)

  • Prazo: Do 2 ao 13 de setembro (ambos inclusive)
  • Lugar: Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 13 de setembro unicamente no Pazo dos Deportes (Avenida de Arsenio Iglesias s/n), en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres
  • Deberán achegarse os seguintes documentos:
    • Folla de renovación: Enviarase por mail a todos os equipos interesados. Do mesmo xeito poderase recoller no Pazo dos Deportes en horario de atención ao público nas datas referidas e debe vir cuberta cos datos do equipo e dos xogadores
    • Xustificante de pago: Remitirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación. (Nome ou razón social, DNI ou NIF, dirección postal e correo electrónico)
    • Renovación de fichas (deberán ser entregadas antes do 28 de setembro ás 22.00 h)
      • Poderanse facer fichas novas aos xogadores que teñas as fichas deterioradas.
      • Para as fichas novas hai que presentar obrigatoriamente dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
  • Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación (fichas, folla de inscrición,  xustificante de pago, fotocopias do D.N.I…), perderá o dereito á renovación.
  • Prezo Público726 € (ordenanza fiscal nº 34, reguladora do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos)

 

Novas inscricións:

  • Prazo de preinscrición: do 2 ao 13 de setembro
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, Pazo dos Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar no rexistro municipal, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas dispoñibles, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas, tendo preferencia os equipos con un mínimo de un 60% de xogadores empadroados en Arteixo.
  • Exposición de equipos preinscritos: A partir do 18 de setembro na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 20 de setembro ás 11:00 h no Salón de Plenos Municipal
  • Exposición da listaxe de equipos admitidos: A partir do 23 de setembro na páxina web municipal
  • Prazo de matrícula: Os equipos admitidos terán un prazo (24 de setembro – 4 de outubro) para formalizar a matrícula na liga, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Documentación de matrícula
    • Folla de inscrición cos datos do equipo e dos xogadores
    • Fichas de todos os xogadores: dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
    •  Xustificante de pago: Recollerase no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación para abonar no banco o prezo público de inscrición da liga de fútbol sala. (Nome ou razón social, DNI ou NIF, dirección postal e correo electrónico)
    • Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 4 de outubro no Pazo dos Deportes
    • Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación, pasará á lista de espera para poder inscribirse, perdendo os dereitos adquiridos