Ir o contido principal

Novos cortes de auga en varias rúas de Arteixo

O Servizo Municipal de Augas acometerá melloras na rede de suministro o que suporá cortes puntuais. 

O martes 12 de decembro os traballos se acometerán en distintas zonas da rede o que provocará cortes en Arteixo, nas rúas Maestro Mateo, Ventura Rodríguez, Praza Feira Nova, Arquitecto Domingo de Andrade, Arquitecto Fernando Casas Novoa, Arquitecto Pedro de Monteagudo e os números pares da Travesía de Arteixo entre o 204 e o 290 ambos incluidos. Será efectivo entre as 23.30 h do mércores 12 ata as 06.00 h do xoves 13 de decembro. 

Tamén o mércores día 12  está previsto un corte, polo mesmo motivo, nas rúas Eugenio Carré, Zona da Praza das Viñas e Zona do Balneario. Este corte será efectivo o mércores 12 de decembro entre as 16.00 h e as 19.00 h apróximadamente.  

A empresa de augas aconsella ós cidadáns da zona que vixíen que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo. Durante o corte tamén aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.