Ir o contido principal

O novo disco de Silvia Penide abre a programación cultural Manuel Murguía

A Concellería de Cultura e Festas para conmemorar as Letras Galegas, pon en marcha no Centro Cívico Cultural de Arteixo o Programa Cultural Manuel Murguía no que se inclúen monólogos, música, exposicións e varios actos literarios.

A cantautora de Meicende Silvia Penide, presenta o 3 de maio o seu novo disco "El Efecto Boomerang". Será ás 20.45 h no auditorio do Centro Cívico de Arteixo. Tamén o día 3, en Meicende, Fredi Cruxer  tráenos “Monólogo dun desgraciado” no que conta as vivencias dun galego enxebre ao que lle pasaron moitas desgrazas na vida, empezando o día do seu nacemento.Será ás 20.00 h. 

Dende o 9 ao 22 de maio, poderase visitar a exposición do XIII Premio de Arte Gráfica Jesus Núñez da Deputación da Coruña na sala de exposicións do CCC de Arteixo. Onde encontraremos algunhas obras de finalistas e gañadores da edición 2018.

O xoves 9 de maio a partir das 20:00 h darase a coñecer o nome das persoas gañadoras do 28º Certame de Narracións Breves “Manuel Murguía. Ademais contaremos ca actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín con “Os contos de Joselín” unha historia aínda non contada na que se agochan incríbeis figuras como a de Joselín, o narrador galego de máis éxito de todo o século XX. Joselín foi un home versátil e contraditorio: admirado polos galeguistas republicanos e condecorado polas ditaduras, ídolo de masas en Bos  Aires, guionista de cine en Madrid, supervendas discográfico en Galiza e España, e incluso en Arxentina, cos seus vinte e tres ‘contos galegos’ gravados.

mm

O venres 10 ás 20:45 h estará Gonçalo Guerreiro ofrecéndonos un concerto en homenaxe a Fernando Pessoa no Auditorio do CCC de Arteixo.Tamén o venres, ás 13:30 h,, terá lugar a Ofrenda Floral no Monolito de Manuel Murguía situado na Urbanización Sol y Mar de Oseiro, acto organizado pola Asociación de Veciños Manuel Murguía en colaboración co Concello de Arteixo para conmemorar o Día das Letras Galegas.

A programación péchase o venres 31 ás 20:00 h co concerto de Jazz de Marina Gundín & The Misters (II Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade “Elas son artistas”) no CCC de Arteixo.