O Porto de Suevos fiel á súa cita anual
O Porto de Suevos acolle o sábado 4 de Agosto unha nova edición da tradicional Travesía a Nado que organiza o Club Natación Arteixo en colaboración co servizo municipal de deportes.
A proba, consolidada no calendario galego, forma parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros.
A organización, que mantén aberto o prazo de inscrición, espera superar o número de participantes de edicións pasadas e agardan nadadores chegados de toda Galicia e de distintos puntos de España.
A cita serve para inaugurar o Circuíto Galego de Augas Abertas o que atraerá a figuras importantes neste tipo de eventos.
Para inscribirse hai que facelo na páxina de Prueba-t
Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, e agasallos para todos os participantes. A festa rematará cunha gran paella para todos aqueles que o avisen con antelación.