O taller de escritura desborda as previsións
Pulir o teu estilo. Ou acadalo se non o tes. Mellorar a expresión escrita e crear unha comunidade de escritores. A Biblioteca Henrique Rabuñal convértese nun viveiro de talento da man do taller de escritura quebota a andar o próximo luns.
OVanesa Méndez que xa xestiona o seu propio blog sobre literatura e no que fala de libros, autores, ou estilos, entre outras cousas, será a encargada de impartilo
Para participar hai que ser maior de 15. A actividade, todos os luns alternos, é gratuita e todas as prazas están cubertas.