Ir o contido principal

O televisivo deseñador Lorenzo Caprile clausura o encontro de experiencias educativas

O modisto madrileño Lorenzo Caprile, actual xurado do exitoso programa televisivo "Maestros de la costura" será o encargado de entregar os premios aos mellores proxectos do IV Encontro de experiencias EducaTIC que celébrase durante toda esta semana. Será, a cuberto, na explanada das festas. 

Será mañá xoves a partir das 16.00h e contará coa actuación do coro e a e orquestra da Escola Municipal de Música. O programa inclúe xogos, carreiras e ata unha chocolatada.

A continuación levaranse a cabo obradoiros diversos e contarase coa presencia de Os Bolechas que aprenderán aos máis pequenos que "a solidariedade está dentro de ti".

 Como fin de festa a partir das 20 h espérase a actuación de Mamá Cabra