Ir o contido principal

Os colexos acometeron obras por máis de 300.000 euros para o comezo do curso escolar

O Departamento de obras que dirixe José Ramón Amado investiu este verán 311.000 euros en obras nos distintos centros educativos do municipio. 

A maior inversión foi para o CEIP de Galán no que se acometeron a reparación do muro da entrada, pintura do comedor e renovación de aseos por un total de 55.643,30 € . Ademáis adicáronse 48.050,96 € en distintas melloras do pabillón do centro. 

No CEIP Ponte dos Brozos traballouse na reforma do patio de xogos e na mellor do comedor por un total de 45.000 euros. Este centro, o máis antigo do municipio con máis de corenta anos de vida, xa foi obxecto dunha inversión de 70.000 euros no ano 2014 para a mellora da fachada; mentres que en 2013 o concello e a Xunta aportaron 300.000 euros para a instalación de ascensores. 

Durante os meses deste verán tamén se acometeron obras no CEIP de Meicende por 17.554 euros para a ampliación do patio infantil e remodelación de aseos. No CEIP Arteixo a inversión foi de algo máis de 13.000 € que se adicaron a renovación de aseos, pintura de corredores e pista de bádminton. 

Tamén se traballou nas escolas infantís. Na de Pastoriza se investiron preto de 12.000 euros na climatización de distintas estancias; na escola infantil de Arteixo renovouse o pavimento e se pintou a cociña por preto de 52.000 euros; en A Lagoa se investiron 44.669,31 € na instalación da cuberta do patio exterior e en Larín, por último, acometeuse a renovación do pavimento, cambio de persianas, pintura e acondicionamento das paredes do corredor por un importe de 14.350,95 €.