Ir o contido principal

Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración (ano 2019)

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACION POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS DESEMPREGADAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN PARA O ANO 2019 (TR349R)

 

Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 04.03.2019, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, publicada no DOG núm. 55 do 20.03.2019.

Obxecto e finalidade:

Inserción laboral dos parados de paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, a través dos seguintes programas (compatibles):

  • Bono de contratación, subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas con persoas desempregadas de longa duración a tempo completo.
  • Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por esta orde, para mellorar os coñecementos e habilidades relacionados co posto  de traballo.

 

Ámbito temporal

Contratacións realizadas entre o 16.10.2018 e o 30.09.2019.

Prazo de solicitudes

O prazo para as solicitudes polas contratacións realizadas entre o 16.10.2018 e o 20.03.2019 será ata o 20.05.2019. As contratacións realizadas a partir do 20.03.2019, será ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal subvencionada (prazo máximo 30.09.2019), obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfno. núm. 981 640 572.

Ligazóns: