Ir o contido principal

Programa do bono para persoas autónomas.

Obxecto:

Consolidación da actividade laboral por conta propia a través do Programa do bono das persoas autónomas.

Beneficiarios:

Persoas traballadoras autónomas cunha antigüidade superior a 42 meses, e un rendemento neto reducido das actividades económicas inferior a 30.000 € e facturación superior a 12.000 € (ano 2017), que realicen inversións en dúas liñas, entre o 05.06.2018 e o 20.12.2018 (80%, cun máximo de 3.000 €):

  • Liña 1 (mellora da competitividade a través de estudos ou plans de negocio).
  • Liña 2 (mellora da competitividade a través de inversións en inmovilizado).

Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):

Para o exercicio 2018, o prazo de presentación de solicitudes irá desde o 05.06.2018 ao 04.07.2018.

 

Arteixo, a 4 de xuño de 2018

Máis información:

CONCELLO DE ARTEIXO

Concellería de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº 981640572

Ligazóns: