Solidariedade contra o cancro
O mesón de Pastoriza acolle o próximo 10 de Novembro a XIX edición da Cea Tómbola que organiza cada ano a Asociación Local de Loita contra o cancro e coa que se recollen fondos para destinar á investigación e axuda aos enfermos.
Manuel de Eva e Pepe Capelán oficiarán de mestres de cerimonias desta iniciativa que contará ademáis coa actuación do Dúo Matices.
A asistencia á cea costará 35 euros e as invitacións pódense recoller en distintos establecementos do concello.
