Ir o contido principal

Subvencións proxectos de expansión comercial (Xunta de Galicia)

OBXECTO

Subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.

ACTUACIONS SUBVENCIONABLES

Gastos e investimentos que se realicen e xustifiquen entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 15 de setembro de 2018, e que afecten a:

1.- Posta en marcha de proxectos de expansión comercial coa apertura dun novo establecemento e contratación dun/dunha traballador/a. Gastos subvencionables:

  • acondicionamento da exposición e venda do local comercial
  • adquisición de moblaxe
  • mellora da fachada
  • servizos profesionais para a elaboración do proxecto.

 

2.- Proxectos piloto pop up (apertura dun novo establecemento noutro concello distinto, por un prazo máximo de 2 meses). Gastos subvencionables:

- aluguer de local comercial,

- acondicionamento da superficie e fachada comercial

- adquisición ou alugamento de moblaxe

- transporte de mercadoría, publicidade.....

 

PRAZO DE SOLICITUDES

Do 02.02.2018 ao 01.04.2018.

Máis información:

CONCELLO DE ARTEIXO

Concellería de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº 981640572

Ligazóns: