Ir o contido principal

Un espazo para falar, compartir e reflexionar "Entre Mulleres"

O grupo de crecemento "Entre mulleres" é un espazo de reflexión para pensar, divertirse, reflexionar ou escoitar. É unha iniciativa do Centro de Información ás Mulleres que aborda temas tan diversos como a saúde física, a autoestima, as relacións familiares e de parella ou a relevancia das mulleres ó longo da historia. 

O traballo do grupo pretende, entre outras cousas, xerar e unsar un pensamento máis libre e autónomo e ter control sobre as propias decisións. 

O grupo se reunirá os últimos martes de cada mes na aula do centro de maiores de A Baiuca  de 18:00h a 20:00h e estará operativo ata o mes de maio do ano próximo. 

O prazo para inscribirse é do 18 ao 22 de setembro  e hai que ir ó CIM para as formalizar. En caso de superar o número de prazas, realizarase sorteo o luns 25 de setembro ás 12:00h no CIM.

entre mulleres

 


 

 

Documentos: