Axudas ao alugamento de vivenda 2019
O programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.
Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda. A contía da axuda determinarase en función da renda mensual do alugamento e da idade da persoa solicitante:
a) Para persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual de alugamento.
b) Para persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugamento.
Liña B. Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente. Dirixida a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude. A contía da axuda é do 50% da renda mensual de alugueiro.
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 12 de setembro ao 11 de outubro.
A SOLICITUDE presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do IGVS
Máis información: