Ábrese prazo para solicitar praza na Escola Municipal de Música de Arteixo
A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa abre o prazo de preinscrición para alumnado de nova incorporación á Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMArteixo) para o curso 2018/2019.
O prazo estará aberto entre o 16 de abril e o 4 de maio do 2018 e aplícase ás dúas sedes (Arteixo e Meicende).
No prazo que se abre, as solicitudes de preinscrición poderán formalizarse para as seguintes materias:
- Música e Movemento para infancia con distintos grupos de idade. A formación nestes niveis promociona o achegamento á música, os seus elementos e a súa interrelación co desenvolvementos físico a través do ritmo. Os grupos son os seguintes:
- Iniciación I para nados no 2014
- Iniciación II para nados no 2013
- Básica I para nados no 2012
- Básica II para nados no 2011
- Os cursos do grao elemental que incluirá como materias obrigatorias a linguaxe musical (actividade en grupo) e a práctica instrumental coa elección dun instrumento. Para acceder a este nivel o alumnado ten como único requisito ter nado no 2010 ou en anos anteriores.
Os instrumentos que se poden elexir (1 por persoa) son os seguintes: Acordeón, Canto, Clarinete, Frauta traveseira, Gaita, Guitarra, Percusión, Piano, Saxofón, Vento-metal, Violín, Violonchelo.
Para a adxudicación de prazas nas dúas sedes realizarase sorteo público que se celebrará nas instalacións da sede principal (en Arteixo, no Centro Cívico Cultural) o día 23 de maio ás 10 horas.
No mes de outubro tamén se abrirá prazo de inscrición nas actividades de conxunto coa finalidade de ampliar a formación dos participantes, sendo as seguintes:
ofertándose as actividades de conxunto e as complementarias seguintes:
- Aula Folk
- Combo
- Coro infantil
- Coro adultos
- Banda de música
- Orquestra
A EMMArteixo tamén ten oferta de actividades complementarias co obxectivo de ampliar coñecementos musicais con obxectivos, metodoloxías e didácticas diferentes:
-
- Tecnoloxía musical: unha actividade semanal que utilizará os recursos tecnolóxicos en educación musical, medios audiovisuais, informática musical para conectar a creatividade coa producción musical.
- Educación auditiva e vocal (para cursos específicos polas características da materia): formación complementaria de reforzo na formación teórica.
- Musicoterapia: actividade semanal con grupos de participantes reducido, a través da que se promove a comunicación, a aprendizaxe, o movemento, a expresión e/ou a restauración de funcións persoais a través da prevención, da rehabilitación e o tratamento terapéutico.
