Ir o contido principal

Arteixo, centro da economía circular

Economía e sostenibilidade son as bases da denominada economía circular. Trátase de que o valor dos productos, materiais e recursos se manteñan no ciclo económico durante o maior tempo posible e se reduza a xeración de residuos. O principio que sostén esta idea á "pechar o ciclo de vida" dos productos, servizos, residuos, materiais, auga e enerxía. 

Arteixo acolle os próximos 9 e 10 de novembro o denominado "Arteixo Circular Weekend", unha iniciativa que pretende apoiar ideas empresariais baseadas na reutilización de certos residuos ou certas partes dos mesmos para a elaboración de novos productos.

A economía circular tamén incide nas empresas adicadas á reparación que atopan unha segunda vida aos productos estropeados; na reciclaxe e no aproveitamento de materiais procedentes de refugallo.

Os interesados en participar neste encontro en Arteixo xa se poden anotar a través do sitio web "circularweekend". O obxectivo da xornada é dar a coñecer o concepto de economía circular, motivar a emprendedores e amosar métodos áxiles para o lanzamento de proxectos. Tamén se amosarán exemplos reais de proxectos baseados nesta idea. Haberá  talleres formativos, mentores asesorando aos emprendedores, e networking.

Arteixo continúa así profundizando nunha das iniciativas centrais que la Unión Europea ten marcado na axenda de cara a 2020 como xa fixera co novo plan de xestión de residuos urbanos ou a recente incorporación de entidades adicadas á recollida de aceites e roupa usados.