Campaña de vacinación da gripe
Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.
A vacina da gripe reformúlase cada ano debido á variación constante dos virus gripais, co obxectivo de que concorden os virus incluídos na vacina cos circulantes.
Toda a información da campaña, facilitada pola consellería de sanidade, pódese consultar aquí e aquí.
