Ir o contido principal

Comeza o asfaltado dos aparcamentos en Platas Varela

O Concello comeza mañá o asfaltado dos aparcamentos e sobreanchos da avenida Platas Varela de Vilarrodís .

A actuación, que se levará a cabo por tramos,  é efectiva no tramo que vai dende a rotonda de Sabón ata o número 185 da avenida. Cada fase da obra ten un longo de 250 metros.

Os traballos forman parte do contrato de asfaltados que por un importe de preto de 600.000 euros asinou o concello para acondicionar dezanove rúas e vías nos núcleos de Vilarrodís, Oseiro, Sol y Mar, Loureda e Meicende, e que servirán para reparar o firme de varias calles que actualmente presentan un estado mellorable.