Ir o contido principal

A Deputación Provincial suspende pola crise o pago de todas as taxas e impostos pendentes

En aplicación do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios que xestiona a Deputación da Coruña.

En consecuencia, os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.

O goberno provincial informa tamén de que a primeira campaña de recadación voluntaria deste ano, na que se cobran o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e outras taxas, queda aprazada ata novo aviso.