Ir o contido principal

A economía circular reúne a setenta emprendedores en Arteixo

Setenta emprendedores participan hoxe e mañá no primeiro encontro "Arteixo circular weekend" que pretende impulsar proxectos de empresas e negocios no ámbito da economía circular. Trátase de que o valor dos productos, materiais e recursos se manteñan no ciclo económico durante o maior tempo posible e se reduza a xeración de residuos. O principio que sostén esta idea á "pechar o ciclo de vida" dos productos, servizos, residuos, materiais, auga e enerxía. 

A xornada inaugural contou coa ponencia de Adela Conchado, consultora de Innovación en DOT Scoop e Profesora Asociada en ICAI-ICADE que realizou unha introducción á economía circular e ás súas posibilidades á hora de crear novas empresas. Posteriormente houbo unha mesa redonda que tratou as novas oportunidades que hai no campo de novos modelos de negocio, do deseño, a innovación, medioambiental, social, ou económico.  

economía circular

O obxectivo da xornada é dar a coñecer o concepto de economía circular, motivar a emprendedores e amosar métodos áxiles para o lanzamento de proxectos. Tamén se amosarán exemplos reais de proxectos baseados nesta idea. Haberá  talleres formativos, mentores asesorando aos emprendedores, e networking.