Ir o contido principal

A mocidade protagoniza unha nova edición das Xornadas de Interculturalidade

A xuventude migrante o racializada e das identidades compartidas son obxecto de debate e estudo na decimosexta edición das Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade do Concello de Arteixo que organiza a área de Servizos Sociais en colaboración coa ONG Ecos dos Sur.  A iniciativa pretende abordar o tema dende un puto de vista educativo, comunitario, do activismo e da afirmación persoal, achegando algunhas das experiencias de convivencia e participación máis exitosas a nivel autonómico e nacional. 

Trátase de que as persoas máis se recoñézan como a  clave da convivencia intercultural, e as súas experiencias poden dar respostas innovadoras ao desafío da diversidade nas sociedades complexas. Ao mesmo tempo, a infancia e a mocidade migrante ou racializada pode ser vítima de conflito cultural, problemas de identidade, discriminación e desarraigamento que xeren un porvir de incomprensión e rexeitamento.

O xoves 4 de outubro desenvolverase a Sesión Técnica para público en xeral, que inclúe dous relatorios, unha dinámica e unha mesa redonda. O 11 de outubro terán lugar as Sesións para o alumnado dos IES Sabón, Manuel Murguía e Pastoriza.

As XVI Xornadas de Sensibilización convértense así nun debate participativo en torno as oportunidades e retos que nos achegan as identidades diversas.

Para se inscribir, antes do 2 de outubro, hai que facelo a través da web de interculturalidade ou en ticketea. O prezo é de 10 euros e de 7,00 € para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas. 

 

interculturalidade