O balonmán protagoniza a véspera de Reis
O Polideportivo Municipal de Galán acolle o próximo 30 de decembro a sexta edición do orneo de Balonmán de Nadal Concello de Arteixo que organiza o Clube Arteixo Balonman en colaboración co servizo municipal de deportes.
Preto de 200 rapaces e rapazas dos distintos equipos da comarca das Mariñas, daranse cita na parroquia de Oseiro para disfrutar dunha mañán chea de balonman e diversión.
Os primeiros en saltar á cancha serán os pequenos da categoría prebenxamin, para dar paso ao benxamin femenino e alevins masculino e femenino. A continuación as categorías infantiles xogarán un novedoso formato onde a participación será mixta, dando así unha nova visión moito mais lúdica e menos competitiva ao torneo.
Os encontros comzarán ás 10:00 e rematarán en torno ás 14:30.
Como colofón do torneo se disputará a primeira edición do partido de pais, nais contra fillos e adestradores, sempre que se atopen valentes dispostos a participar.
