Ir o contido principal

O cine de verán regresa a Arteixo da man da Deputación Provincial

O programa "Visións",  da Rede Cultural da Deputación da Coruña, trae de volta a Arteixo un clásico de agosto. 

O cine de verán volverá a encher de luz e maxia a Praza do Balneario. Será o próximo sábado 19 de agosto a partir das 23,00 h. A película escollida para este particular "cinema paradiso" é "Palmeras en la nieve". 

Trátase dun thriller dirixido por Fernando González Molina e interpretado por Celso Bugallo, Mario Casas, Emilio Gutiérrez Caba, Berta Vázquez, e Adriana Ugarte.

Palmeras en la nieve

A cinta narra unha trama que se divide entre dous tempos, dúas culturas e dúas xeracións. O descubrimento accidental dunha carta esquecida durante anos empurra a Clarence a viaxar dende as montañas de Huesca a Bioko para visitar a terra na que o seu pai Jacobo e o seu tío Kilian pasaron a maior parte da súa mocidade, a illa de Fernando Poo. Nas entranas dun territorio tan exhuberante e seductor como perigoso, Clarence desenterra o segredo dunha historia de amor prohibido enmarcado en turbulentas circunstancias históricas cuxas consecuencias alcanzarán o presente.