Ir o contido principal

O Concello convoca ós hostaleiros para abordar o regulamento sobre a instalación de terrazas

O goberno local quere abordar con todos os hostaleiros do municipio o regulamento para o funcionamento e horario das terrazas e a necesidade de compatibilizar os usos dos espazos públicos entre empresarios e veciños. 

A alcaldía municipal aprobará unha instrucción na que se da conta destes usos e aborda, de forma especial, os horarios máximos de instalación de terrazas así como as autorizacións provisionais. 

O executivo pretende que os hostaleiros se acheguen á xuntanza, o xoves 28 de xuño ás 11.30 h no salón de plenos,para aclarar con eles este asunto que espertou as protestas de uns e outros coa chegada do verán e o uso masivo destes espazos.