O judo protagoniza a axenda deportiva da fin de semana
A Federación Galega de Judo organiza por primeira vez unhas Xornadas Internacionais no Concello de Arteixo, que están dirixidas a profesores desta disciplina.
Varios mestres da federación abordarán, sábado e domingo, distintos aspectos relacionados co ensino e adestramento do judo. Será no Pazo dos Deportes.
Ademáis, o domingo, o Pazo dos Deportes acollerá a xuntanza anual de judo no que participan todos os alumnos que escolleron este deporte como actividade extraescolar ó longo do curso.
Será en horario de 12.30h a 13.30h, e servirá, como clausura da tempada, para que as nenas e nenos amosen parte do aprendido ao longo do ano.