Ir o contido principal

O teatro afeccionado protagoniza unha nova cita da "Primavera das artes"

O programa "Primavera das Artes" que puxo en marcha a concellería de cultura deixa esta fin de seman dúas novas citas enmarcadas na  XX Mostra de Teatro Afeccionado.

O alumnado da Aula de Teatro Infantil Municipal súbese ao escenario do Centro Cultural de Meicende para poñer en escea "Érase unha vez", unha breve peza coa que pretenden render a súa particular homenaxe ao Teatro e que fala das emocións e dos contos. Será ás oito da tarde.

A continuación os espectadores poderán desfrutar da maxia que teñen as palabras e os libros conDe Tin Marín da man de Soledad Felloza, actriz, dramaturga e narradora. Esta actividade pertence ao Festival de Narración Oral “Falando a Boca Chea” e está destinado a público familiar. 

Arteixo, pola súa banda, recibe ás 20:45 no Auditorio de Arteixo á Escola Municipal de Teatro de Abegondo e á Asociación Cultural Barballocas que poñen sobre o escenario  A costureira das ánimas”.

Trátase dunha comedia costumista para público maior de 12 anos onde se recollen feitos históricos e lendas propias do Concello de Abegondo, baseada na novela de Ana Prado.

costureiras

Para poder asistir aos espectáculos citados deberase recoller invitación 1 h antes das funcións.