Ir o contido principal

O transporte municipal ás parroquias acórdase cos veciños

O Concello quere coñecer as necesidades dos veciños das distintas parroquias para a posta en marcha do novo servizo de transporte público "a demanda". Será un sistema con autobuses que prestarán servizo a cada núcleo rural ás horas e nos puntos que os veciños soliciten previamente. 

Preténdese, con este sistema, dar resposta ás necesidades particulares de transporte en cada núcleo co obxectivo de que os veciños podan trasladarse aos núcleos urbanos e, dende alí, podan enlazar coa liña circular, xa en marcha, entre Arteixo, Vilarrodís, Pastoriza, Oseiro y Meicend. Ou ben con outro tipo de transporte metropolitano. 

A primeira das xuntanzas cos veciños será o sábado 16 de febreiro ás 17.30 h no local do Club deportivo de Suevos. 

Será a segunda fase do plan de transporte que Arteixo xa puxo en marcha hai tres semanas coa liña circular.